 |
|
| EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
2|¿POR
QUE A COOPERACIÓN DAS COOPERATIVAS GALEGAS COAS PORTUGUESAS? As empresas
cooperativas galegas e portuguesas están a experimentar unha serie de mudanzas
que podemos definir como importantes. SA aparición de novas necesidades
sociais e económicas e con elas de novas cooperativas, a adaptación das cooperativas
tradicionais a novos contornos socioeconómicos, o desenvolvemento de novas
tecnoloxías da información e da comunicación e a aparición de novos marcos
lexislativos a nível europeo, están a posibilitar trasladar a actividade cooperativa
e competitiva destas empresas en Galicia a unha nova dimensión. O perfil das
cooperativas galegas, caracterízase pola pequena e mediana dimensión das súas
estructuras e pola sua insuficiente afiliación e capacidade para desenvolver
determinados proxectos, nun contorno de mercados cada vez máis desregulados.
É así, como se nos presentan dous claros retos que determinan a nosa estratexia
empresarial.
PRIMEIRO RETO: ¿Como
acadar unha maior dimensión mantendo a nosa actual, nun mercado que funciona
baixo a dictadura do volume, e en concordancia cos principios cooperativos
(xestión democrática, respecto polo contorno, independencia, educación e
formación, participación económica dos/as socios/as, intercooperación e libre
adesión)?.
SEGUNDO RETO: ¿Como desenvolver
e/ou mellorar as actuais e novas actividades e obter recursos complementarios
para acadar os nosos obxectivos sociais e económicos, dacordo cos valores
que propugnamos como cooperativas (democracia, participación responsable,
equidade, solidariedade, autoaxuda e igualdade)?.
|